O Pazo de Fefiñáns, situado na praza do mesmo nome da localidade arousana de Cambados, será declarado Ben de Interese Cultural (BIC) toda vez que a Consellería de Cultura e Turismo xa publicou no DOG a incoación do expediente de declaración. O obxectivo, con esta catalogación, é “protexer, conservar e difundir o legado que constitúe o patrimonio cultural de Galicia e transmitilo ao futuro”, sinala a Consellería.
O Pazo de Fefiñáns data do século XVII e na actualidade aínda conserva parte das terras que lle pertencían. É unha das imaxes máis recoñecidas da vila cambadesa.
O Pazo de Fefiñáns data do século XVII e na actualidade aínda conserva parte das terras que lle pertencían. É unha das imaxes máis recoñecidas da vila cambadesa.