O Centro Superior de Hostalería de Galicia abre as súas portas este venres para todos aqueles que queiran matricularse como novos alumnos no curso que vén. A partir das 11.30 horas, as persoas que desexen coñecer máis polo miúdo as instalacións do centro só teñen que concertar unha cita chamando ao teléfono 981 542 519 ou enviando un mail a info@cshg.es.
A visita constará dun traxecto polos cinco edificios que conforman o centro. Participarán tanto profesores como alumnos actuais. Durante o mes de xullo celebraranse outras tres xornadas de portas abertas que terán lugar o venres 8, o sábado 9 e o venres 15.
Asimesmo, o CSHG informa de que este venres tamén se inicia o prazo de solicitude de bolsas de estudos para o curso 2011/2012.