Un grupo de oito obras pertencentes á colección do Museo das Peregrinacións e de Santiago, relacionadas coa peregrinación a Compostela ao longo dos séculos, exporanse entre o 1 de xullo e o 24 de outubro de 2011 no Rubin Museum of Art de Nova York (RMA). As oito pezas que serán exhibidas na exposición “Pilgrimage and Faith: Buddhism, Christianity and Islam” conforman unha variada selección entre esculturas, elementos téxtiles, documentos ou indumentaria que reflicten a orixe, evolución histórica e actualidade dunha das tres máis senlleiras peregrinacións do mundo cristiá, o Camiño de Santiago.
A cronoloxía destas obras do Museo das Peregrinacións e de Santiago abarca desde os séculos XIV ata o XVI e foron seleccionadas co fin de reflectir a imaxe do Apóstolo como elemento vertebrador do culto e do nacemento dunha cidade de peregrinación; o símbolo máis representativo desta, a cuncha, e outros elementos, como pezas de indumentaria ou certificados de peregrino, que teñen simbolizado a longo dos séculos o espírito do Camiño de Santiago unindo ao mesmo tempo tanto o ritual e o esforzo do percorrido físico como a esencia espiritual do mesmo.