A ría de Pontevedra avanza no pescaturismo

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra impulsa o establecemento de actividades turísticas relacionadas co sector pesqueiro, un campo no que queda moito por facer pero que presenta múltiples posibilidades. Nese sentido, na zona portuaria de Portonovo estase a construír unha embarcación que pode dar unha solución á posta en marcha de actividades de pescaturismo na ría. Trátase dunha embarcación de poliéster sobre un molde que habitualmente se adica a barcos pesqueiros.

A instalacións de asentos e unha estrutura para a suxeición dun toldo pode facerse de xeito removible e así dar opcións a que a embarcación se adapte a un ou outro uso (pesqueiro ou turístico).

A este respecto, o GAC insiste en que a adecuación dos barcos pesqueiros á actividade turística pode ser subvencionable polo Grupo.