O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou as tres novas visitas temáticas gratuítas para coñecer a Cidade da Cultura: “Visitas máxicas”, “Camiño ao Gaiás” e “Un novo lugar para mirar ao ceo”. Estes novos programas, enmarcados no apartado ‘Visitar’ da programación cultural do segundo semestre de 2011, súmanse á oferta diaria de visitas guiadas que se ofertan todos os días –salvo os luns- ás 12.30 horas e ás 18.30.
O obxectivo deste programa é “ofrecerlle aos galegos novas e creativas formas de descubrir este complexo cultural”, afirmou Roberto Varela. Desde a inauguración dos edificios da Biblioteca e do Arquivo, xa visitaron o Gaiás 140.000 persoas, unha cifra que, segundo dixo, “é unha boa mostra do interese que está a espertar na nosa terra, e tamén fóra de Galicia”.