Os nosos lectores máis carnívoros teñen unha cita esta fin de semana no municipio pontevedrés de Moraña, onde se celebra unha edición máis da Festa do Carneiro ao Espeto, declarada de interese turístico de Galicia. A edición número corenta e dous apostará polos atractivos que converteron esta festa nunha cita obrigada dentro do calendario gastronómico da provincia. Ao espectáculo de ver os carneiros cociñándose durante horas súmase, como non, a súa posterior degustación. Reserváronse 141 lotes, o que de por si xa garantiza que unhas 2.800 persoas acudirán á carballeira de Santa Lucía para dar boa conta dos carneiros.
Para os amantes da xoldra, ata o domingo celébrase en Burela a romaría do Monte Castelo, na que os veciños da bisbarra adoitan montar casetas nas que corren a comida e o viño sen parar. O evento está organizado pola Asociación de Amigos do Monte Castelo.