
Esta publicación, que chega ao seu número 20, edítase tres veces ao ano e ten como obxectivo promocionar os valores turísticos galegos entre o público galego e do resto de España. O lector poderá atopar tamén información sobre a aplicación da marca turística de Galicia e a recente campaña de publicidade levada a cabo por Turgalicia nas principais cadeas de televisión de España para promocionar o Turismo galego cara ao verán.
A revista Galicia, Turismo de Galicia, ademais da súa versión impresa, pódese descargar en formato PDF na web www.turgalicia.es, desde a sección “noticias turismo”.