A televisión pública británica, a BBC, elixiu Galicia como escenario para rematar unha serie de programas dedicados á gastronomía española protagonizados polo dúo Hairy Bikers, que contan con grande audiencia en Gran Bretaña e no resto de Europa grazas ás canles temáticas. A Mariña lucense e Santiago de Compostela foron os lugares nos que se realizaron as gravacións.
Esta parte do programa contou co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, que está a facilitar a produción do mesmo suxerindo localizacións e procurando contactos entre entidades públicas e privadas e o equipo da BBC .
Os Hairy bikers, Dave Myers e Simon King, son dous personaxes moi populares no contorno televisivo de Gran Bretaña que percorren en motocicleta distintos lugares dos que mostran a súa gastronomía dun xeito desenfadado, cociñando eles mesmos os produtos que procuran.