A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou a VI Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar os días 6 e 7 de agosto no concello ourensán de Verín. Pardo destacou que se trata “dun evento vitivinícola de marcada personalidade” e que supón “unha maridaxe perfecta, a do turismo e a enoloxía”. Sinalou, ademais, que a celebración da sexta edición desta feira “é unha grande oportunidade para dar a coñecer a nosa terra”, ao tempo que definiu o enoturismo como “unha maneira de turismo experiencial para achegarse ao descubrimento de todo un territorio”.
Carmen Pardo, que ofrecerá o pregón da Feira, destacou o gran potencial co que conta o enoturismo en Galicia, un sector que, segundo dixo, “é quen de incrementar os fluxos, aumentar o gasto e traer turismo de interior e desestacionalizado”.
O programa da sexta edición da Feira do Viño de Monterrei inclúe tamén catas populares que correrán a cargo do director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei e do maitre Nacho Costoya. Ademais, serviranse cócteles feitos cos viños de Monterrei, entre outras actividades.