Baixo a marca "PlayingVilagarcía", o Concello porá en marcha a partir deste sábado, día 30, unha serie de actividades de dinamización da praia da Concha-Compostela. Tobogáns inchables situados no mar, bolas con rampa para lanzarse á auga, xogos infantis no areal, ludoteca, zona de lectura, campo de voleipraia, entre outros atractivos, farán da praia un lugar de lecer e diversión en horario de mañá e tarde, todos os días, ata o 14 de agosto, e sempre da man de monitores expertos neste tipo de actividades.Co "PlayingVilagarcía", o goberno que dirixe Tomá ;s Fole pretende dar cumprimento a un dos seus principais compromisos electorais e de goberno, é dicir, potenciar a praia da Concha-Compostela como un dos principais motores de atracción da cidade, que debe apostar pola súa excelencia turística. Neste mesmo camiño inscríbese tamén a intención de devolver o seu carácter hostaleiro ao balneario, dotar ás praias de instalacións temporais de servizos, mellorar a súa accesibilidade e crear un circuíto 0.0 con actividades lúdicas e deportivas, do que este "PlayingVilagarcía" pretende ser un avance.As actividades, vixiadas sempre por monitores da empresa que instala as atraccións e polos socorristas da Concha-Compostela, estarán abertas en horario de 11 a 14 horas pola mañá, e de 16 a 20 pola tarde.O "PlayingVilagarcía" coincidirá ademais no tempo co proxecto que desenvolve a Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas (Ahituvi), en colaboración co Concello: a zona chill-out, que comezará a funcionar o vindeiro martes e cuxo programa se presentará mañá en rolda de prensa.