A Deputación Lugo impulsa o termalismo

A Deputación deLugo abriu o prazo de inscrición das 1.350 prazas que dende setembro e ata decembro subvenciona a institución nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei. Os lucenses maiores de 50 anos poderán beneficiarse do programa “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”. Tal e como indica o seu nome, trátse dun programa que combina saúde, benestar e turismo co fin de facilitar o acceso ós tratamentos termais e reactivar a economía da provincia, impulsando os servizos hostaleiros situados nas rutas Xacobeas de Lugo e reivindicando que hai vida máis alá do Ano Santo. Todos os interesados poden solicitar unha das prazas chamando ó número de telefono habilitado polo organismo provincial: 982-260-075

Logo de esgotar as 50 localidades coas que contaba o Balneario de Lugo Termas Romanas durante o mes de agosto, a institución, que distribúe as prazas en función das posibilidades de cada instalación, oferta agora as seguintes: Balneario Oca Río Pambre, 104 prazas; Guitiriz Hotel Balneario & Golf Club, 450 prazas; Oca Augas Santa Balneario Golf Resort, 800 prazas; Casas de Turismo Rural na Ulloa, Terras do Miño e Ribeira Sacra, 346 prazas
.



Lugo conta con 4 balnearios situados a pé dos Camiños Primitivo, Norte, Francés e de Inverno que, segundo datos dos propios establecementos, reciben ó ano 120.000 persoas, xerando un volume de negocio de 7 millóns de euros. As mesmas fontes indican, que estas instalacións xeran máis de 200 postos de emprego directos na provincia.