O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegura que o Xacobeo é “máis que nunca un fenómeno mundial, que ofrece unhas enormes posibilidades turísticas e culturais á nosa Comunidade”. Deste xeito, o conselleiro salienta que o Camiño de Santiago constitúe “unha das grandes prioridades da Xunta de Galicia, que leva a cabo un labor de promoción e mellora nos Camiños de xeito continuo e convencido, concibido para durar no tempo”. Segundo Roberto Varela, “os resultados deste labor e do esforzo na promoción dentro e fóra de España están a deixarse ver neste 2011 no que se están alcanzando rexistros históricos de peregrinos”.
O titular de Cultura e Turismo fixo estas declaracións tras recibir a unha delegación da Associacione Anaune Amici del Cammino di Santiago composta por 49 peregrinos italianos procedentes da localidade tridentina de Fondo, de arraigada tradición xacobea, que onte completou o Camiño desde Roncesvalles e que rematará a súa viaxe en Fisterra. O grupo de peregrinos estivo acompañado polo alcalde de Fondo, Remo Bonadiman, e a concelleira de Cultura de Fondo, Emma Anzelini. Roberto Varela aproveitou este encontro para afirmar que o Camiño de Santiago “leva séculos estreitando lazos entre Galicia e o resto do mundo e na actualidade segue a facelo con máis forza e vitalidade que nunca”.