Romanos e castrexos na Ribeira Sacra

Para revivir o pasado romano da Ribeira Sacra e para ensalzar o viño e a paisaxe deste territorio, celébrase este sábado 27 de agosto a II Convivium romana da Ribeira Sacra. A iniciativa xurdiu o pasado ano dun grupo de empresarios (a Cantina de Doade, adegas Regina Viarum e adegas Petrón) para promocionar a zona, nun momento en que o Sil vira diminuído o seu caudal por una serie de obras no encoro de Santo Estevo. Nesta ocasión súmanse á iniaciativa outras dúas empresas: Adega Algueira e o establecemento de turismo rural casa Felisa.


Dentro da programación de actos para este sábado, destaca a representación teatral entre romanos e celtas que se fará ás 12:00 horas na ágora de Regina Viarum e o posterior xantar na carballeira do campo da festa de Doade, onde os comensais poderán degustar un excelente menú regado con viño da Ribeira Sacra baixo unha carpa preparada para a ocasión.