A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), investiu preto de 150.000 euros nas instalacións deportivas biosaudables da parroquia de Viascón, no municipio pontevedrés de Cotobade.
Este proxecto foi financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural nun 48%, dentro dos proxectos dinamizadores do rural. As obras consistiron na creación dunha pista polideportiva con acondicionamento dos vestiarios, así como a creación dun sendeiro para bicicletas, a creación dunha senda micolóxica e a instalación dun circuíto biosaudable.
Con estas obras preténdese mellorar a calidade de vida dos veciños de Viascón e que poidan así gozar do entorno natural e paisaxístico da zona.