Craega continúa presentando as súas xornadas de restauración ecolóxica

O Restaurante Furna, en Caión, é o seguinte establecemento no que o Craega presentará as súas xornadas de restauración ecolóxica. A presentación será este martes ás 11:00 e contará coa presenza de Damián Alonso Martínez, xefe de cociña do Restaurante Furna e José Antonio Fernández, Presidente do Consello Regulador.

Esta campaña vaise facer en sete restaurantes da provincia da Coruña: Furna Restaurante, Hotel Puerta del Camino, Hotel Attica21 Coruña, Restaurante Artabria, Hotel Finisterre, Abica e La Titarivera.