Galicia recibiu nos oito primeiros meses do ano un total de 6.494.088 visitantes, un 6,5% máis respecto ao mesmo período do pasado Ano Santo. Esta cifra resulta de sumar o número de viaxeiros contabilizados na oferta de turismo regrado (2.679.974 viaxeiros) máis o total de excursionistas estranxeiros que chegaron a Galicia entre xaneiro e agosto (3.814.114 excursionistas). Fronte a estas cifras oficias, os hastaleiros aseguran que o consumo foi menor.
De forma detallada, os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que a comunidade galega rexistrou entre xaneiro e agosto de 2011 un total de 2.679.974 viaxeiros procedentes do total da conxuntura turística regrada (hoteleira e extrahoteleira). Analizando as dúas partes por separado, o informe do INE contabiliza 2.324.132 viaxeiros nos establecementos hoteleiros e un total de 355.842 viaxeiros nos establecementos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e establecementos de turismo rural).
A estas cifras hai que sumar o número de excursionistas estranxeiros que chegaron a Galicia e que, segundo os datos provisionais de Frontur, que analiza os movementos en fronteira, suman un total de 3.814.114 persoas.