O CSHG celebra as últimas probas de acceso

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) acolle este venres as últimas probas de acceso ás titulacións de Dirección Hoteleira e Xestión en Cociña. As persoas interesadas poden enviar cuberto ata un día antes o formulario de preinscrición pertinente, que pode descargarse a través da web www.cshg.es.

As probas terán unha duración de catro horas. Os interesados deben estar ás 8.45 horas no Centro, xa que ás 9 horas empezan as probas, que finalizan dúas horas despois. A continuación faise unha visita polas instalacións e a xornada remata cunha entrevista persoal. As probas consisten nun exame de cálculo matemático, outro de inglés e unha entrevista persoal. Ademais das probas de acceso, para acceder ás titulacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia é necesario ter finalizado a selectividade ou un ciclo formativo superior (Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras) ou o Bacharelato ou un ciclo formativo superior (Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña).