Os Pendellos de Agolada poderían acoller unha feira especializada en artesanía

A Consellería de Economía e Industria está a estudar a creación dunha feira especializada na venda e divulgación da artesanía tradicional de referencia en Galicia nos Pendellos de Agolada, un dos campos de feira máis antigos e mellor conservados de Galicia. “Estamos convencidos das grandes posibilidades da nosa artesanía tradicional e da necesidade de atopar novas canles de visibilización dos nosos oficios e de integrar as pezas tradicionais no estilo de vida contemporáneo”, explicou a directora xeral de Comercio, Nava Castro.

A Consellería de Economía e Industria impulsaría a organización deste evento, que comezaría a celebrarse a partir do ano 2012, e que pretende converter no punto de encontro e referencia da artesanía tradicional en Galicia.