O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiron este martes á V Gala da Hostalería de Galicia, que se celebrou en Ferrol. Varela aproveitou a ocasión para reivindicar o turismo e a cultura como “dous activos fundamentais para facer fronte á crise”. Así, o conselleiro destacou que, pese ao contexto económico, “os datos do turismo seguen a deparar conclusións positivas”. Con todo, Varela recoñeceu que os visitantes que acoden a Galicia están a reducir a súa estancia. Pola súa banda, o presidente de Cehosga, Héctor Cañete, sinalou que o turismo pode ser “a locomotora que nos pode sacar desta recesión”, ao tempo que instou ás administracións a seguir apoiando ao sector hostaleiro.
No transcurso da Gala, o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, fixo entrega dos premios PescadeRías ás mellores receitas preparadas con produtos procedentes da pesca artesanal e o marisqueo. O gañador do concurso, organizado por Cehosga e a Consellería do Mar, foi Eloi Cancela pola súa receita de Canelóns de centola e zamburiñas agridoce. Juan David Couñago foi o primeiro finalista e José Manuel Trillo, o segundo. En total, participaron neste concurso arredor de 20 profesionais de toda Galicia.
Ademais de Eloi Cancela, na Gala foron premiados José Ramón Pereira, do restaurante Altamira de Vilagarcía de Arousa, e Celestina Martínez, de O Parrulo de Ferrol.