A Xunta promociona Galicia en Tokio

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, promocionará ao longo desta fin de semana o destino turístico Galicia na principal feira turística de Asia, JATA Travel Showcase, que se inaugura hoxe en Tokio.

A sociedade pública para a promoción do turismo galego instalará un stand dentro do pavillón de promoción de Turespaña na feira JATA Travel Showcase, que ten lugar na capital xaponesa ata o día 2 de outubro. A xornada de hoxe estará dedicada ao sector turístico nipón, mentres que os días 1 e 2 de outubro o acceso ao recinto Tokio Big Sight será para o público xeral.