O Parlamento deu o si definitivo á Lei de Turismo de Galicia, un texto que o Partido Popular defende como “un instrumento de xestión útil para o sector”, segundo incidiu a deputada Natalia Barros. Sen embargo, os populares non conseguiron o apoio dos outros dous grupos parlamentarios e, así, a lei saiu adiante só cos votos favorables do PPdeG.
A oposición centrou as súas críticas especialmente na emenda mediante a que se introduce a creación da Axencia do Turismo de Galicia. As deputadas María Quintas (PSdeG) e Carme Adán (BNG) reiteraron que a creación deste órgano se debe facer mediante a presentación dun anteproxecto de lei e non a través dunha emenda. Para ambas deputadas, a opción elixida polo PPdeG é unha demostración máis de “improvisación”. “Vostedes (en alusión aos populares) incumpren as súas propias leis”, ao non presentar dito anteproxecto, “e neste tema sería necesario un texto pensado que se traia ao Parlamento e non improvisado como é esta emenda”, criticou a nacionalista Carme Adán.
A socialista María Quintas, pola súa banda, incidiu en que “esto non se pode facer así” e lembrou que o texto que se incluiu na Lei “non recolle a reestruturación das entidades xa existentes como Turgalicia ou o Xacobeo”. Nese sentido, a deputada sinalou que este é “un proxecto de lei enganoso”.
Pechou o debate a popular Natalia Barros quen incidiu en que, de tratarse este tema mediante unha lei, sería “moito máis ríxido”. Barros sinalou que a creación da Axencia do Turismo de Galicia “non é unha improvisación” e que se pensou para “a xestión integral do turismo, que era unha necesidade do sector, e para profundizar na imaxe de Galicia como destino único”.
O debate contou coa presenza de membros do Foro do Turismo de Galicia (fotografía de Hostelería Compostela).