Esposende promove un concurso fotográfico sobre o Camiño de Santiago

A Câmara Municipal de Esposende está a promover, ata o 5 de decembro, un Concurso de Fotografía alusivo ao Caminho Português da Costa, en todas as súas manifestacións xeográficas, relixiosas e culturais como fenómeno universal. O concurso pretende fomentar a relación entre o Camiño, a paisaxe e o patrimonio.

Poden participar neste certame cidadáns portugueses e estranxeiros, profesionais ou afeccionados, se ben cada participante só poderá presentar catro fotografías, en formato dixital. A instantánea que resulte premiada integrará unha exposición na que participarán outros municipios portugueses e españois. O vencedor coñecerase o 11 de xaneiro.