O Diario Oficial de Galicia publica o acordo do Consello da Xunta do pasado 29 de setembro polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque Arqueolóxico do Megalitismo, situado na Costa da Morte e que abrangue 15 enclaves megalíticos situados en 8 concellos. O acordo permitirá comezar as actuacións no parque en 2012.
O proxecto sectorial do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, no que a Xunta investirá preto de catro millóns de euros en varias anualidades, engloba 15 enclaves megalíticos pertencentes a 8 concellos da Costa da Morte, identificados na actualidade entre os de maior monumentalidade desta área xeográfica. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural actuará nun total de 14 destes enclaves megalíticos: Pedra Moura de Aldemunde, no concello de Carballo; A Fornella dos Mouros, no de Laxe; Pedra de Arca, en Malpica; Mina da Parxubeira, no concello de Mazaricos; Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta, Casota de Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra da Lebre ou de Serramo, Mina de Recesindes, Rabós (mámoas), no concello de Vimianzo; Casa dos Mouros ou Pedra da Arca, pertencente a Dumbría e Vimianzo, e a Pedra Vixía, Arca da Piosa, no concello de Zas. Dentro do Parque Arqueolóxico inclúese asemade o Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, que conta co seu propio Plan Director e que xa está sendo executado pola Deputación Provincial de A Coruña.