
Ante o perigo de competir entre nós mesmos, o titular do Executivo galego aseverou que escollemos ser un país que se ve capaz de destacar conxuntamente na oferta turística española, europea e internacional. “E, en lugar de estragar as nosas propias forzas, traballamos como unha realidade global que pon en marcha proxectos colectivos. O instrumento que hoxe botamos a andar é unha nova proba diso: promove a Administración –a Xunta, en colaboración cos concellos-; implícase un dos nosos sectores produtivos máis importantes; e involúcrase a sociedade en xeral”.
Os catorce xeodestinos (ver mapa) son: Rías Altas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Mariña Lucense, Lugo e Terra Cha, Ancares-Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense e Allariz, Celanova-Limia, Verín-Viana, Manzaneda-Trevinca, Rías Baixas (subdividida en catro áreas) e Deza-Tabeirós.