O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reuniuse en San Caetano co profesor no Departamento de Español e Portugués do William and Mary College de Virginia, George Greenia, para afondar nos proxectos de colaboración en marcha entre a Xunta e o Consorcio de Universidades para a investigación das peregrinacións e o Camiño de Santiago, formado por máis de 40 centros de Estados Unidos e Canadá. Para a Consellería de Cultura e Turismo, trátase dun proxecto estratéxico para a difusión e a promoción do Camiño, Santiago e Galicia en Norteamérica. O Consorcio de Universidades está a desenvolver un plan de estudos sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións en xeral, dotando de rango curricular ás investigacións e experiencias sobre a Ruta Xacobea en diferentes campos, tales como relixión, estudos hispánicos, a antropoloxía, historia da arte, historia medieval ou socioloxía.
Enmarcado nesta labor, o profesor George Greenia está a impulsar a celebración dun seminario de investigación para alumnos destas universidades, co obxectivo de afondar nos estudos relacionados coa peregrinación, usando Santiago e o Camiño como base. O seminario desenvolverase durante oito semanas. As dúas primeiras serán de introdución e levaranse a cabo nas diferentes universidades en Norteamérica, mentres que as seis restantes serán xa en Santiago e no Camiño.