A Consellería do Mar organizará, o próximo martes, unha xornada de promoción da centola galega, coincidindo coa recente apertura da veda deste marisco. Baixo o lema “A centola galega nas mellores cociñas”, reunirá a preto de 60 prestixiosos cociñeiros de toda España para que coñezan de primeira man as características do produto e a multitude de posibilidades culinarias que ofrece, así como os métodos de pesca. A conselleira, Rosa Quintana, incidiu en que esta xornada “servirá para pór en valor a centola nas cociñas máis recoñecidas de España” pois os participantes atesouran máis de 20 estrelas Michelin.
O programa consistirá na saída ao mar nunha embarcación dende O Grove. Na travesía pola Ría de Arousa amosaráselles o proceso de pesca deste crustáceo, as artes empregadas para a súa captura e os tipos de embarcacións utilizadas, así como as técnicas de cultivo do mexillón empregadas na nosa comunidade. Pola tarde, os cociñeiros desembarcarán en Cambados e desprazaranse ata a lonxa, onde poderán observar o desenvolvemento da poxa.