O Grupo Parlamentario Popular vén de presentar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia á implantación progresiva dun programa de xestión para pequenos establecementos hostaleiros de Galicia, “co obxectivo de acadar unha mellora na súa capacidade de xestión, da competitividade destes establecementos e da eficiencia e calidade do servizo ofertado aos clientes”, sinalou a voceira de Turismo, Natalia Barros.
Así mesmo, Barros recordou que “as novas tecnoloxías están a supor unha revolución dentro do mundo da hostalería, polo que a implantación deste programa facilitará o acceso e a incorporación destas melloras nos establecementos, co obxectivo de adaptarse ás necesidades da sociedade actual, cada vez máis competitiva e máis esixente cos servizos que recibe”.