A Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, vén de patrocinar un congreso de medievalistas que tivo lugar no museo de Pérgamo e no Kulturforum de Berlín (Alemaña) baixo o título de “As marabillas do mundo. Louza dourada e luxos nas redes de intercambio europeo”. Este congreso foi copatrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo dentro das accións que constantemente se levan a cabo para divulgar e promover os Camiños de Santiago.
Dentro da celebración destas xornadas, o técnico da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo José Suárez Otero impartiu unha conferencia titulada “Peregrinación e comercio na Europa Atlántica durante a Idade Media”, onde defende a que o Camiño de Santiago foi fundamental como correa de transmisión entre os mundos islámicos e asiáticos coa Europa cristiá. Previamente a este congreso, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participou noutros eventos culturais nas universidades de Erlangen-Nürenberg e de Bamberg.