O proxecto europeo Viñas Atlánticas celebrou unha nova reunión para avanzar no proxecto que pretende demostrar a viabilidade do desenvolvemento sostible para a produción de viño na DO Rías Baixas minimizando o uso de produtos químicos contra as enfermidades das uvas. Ademais da Deputación de Pontevedra, participan nesta iniciativa as adegas Condes de Albarei, Vitivinícola Arousana e Martín Códax. O obxecto deste proxecto céntrase na implantación dun modelo para detectar o mildiu e as pragas que afectan ós viñedos en función das condicións climáticas e para ver como avanza segundo esas condicións. Para acadar este obxectivo, aprobouse un convenio con Meteogalicia que facilitará planimetría (mapas), un modelo dixital de terreo a 50 metros e outros elementos para poder facer as predicións.
Os presidentes das 3 cooperativas supervisaron e déronlle o visto bo a unha Plataforma Informática para desenvolver o Sistema. Esta páxina web será testada cos viticultores, ofrecerá información sinxela para que sexa perfectamente entendible polos usuarios e conterá datos personalizados por parcela, cunha previsión de tres días de antelación.
Para desenvolver este proxecto, a Deputación Provincial conta cun orzamento de 1 millón de euros dos cales a Unión Europea aporta 440.235 euros; as adegas 72.135 euros cada unha e a entidade provincial participa con outros 313.830 euros.