´´A búsqueda de novos mercados vinícolas

A Consellería do Medio Rural pretende aumentar a información sobre os produtos galegos en países terceiros, así como a súa comercialización, mediante diversos programas e actividades de promoción. A Orde deste departamento que publica, con data 29 de decembro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) establece a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros, e se convocan para o ano 2012. Estes programas poderán ter unha duración máxima de tres anos por beneficiario e país, podendo ser este tempo prorrogado por un período máximo de dous anos.


O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria do ano 2012 será dun mes, a partir do día seguinte da súa publicación. Os gastos atendibles serán os realizados entre o 1 de xullo de 2012 e o 30 de xuño de 2013. A dotación orzamentaria ascende aos 950.000 euros.