A "gastronomía civil" pecha o centenario de Cunqueiro cun simposio sobre os seus gustos

O 20º Xantar Cunqueirán e Simposio "Os gustos de Cunqueiro", pechan os actos do centenario do nacemento do escritor mindoniense. Este doble evento celébrase mañá día 28 no Hostal dos Reis Católicos, a partir das 11 horas. Trátase, en esencia, dunha celebración excepcional dos "Xantares Cunqueiráns" que foron creados en 1991 e ininterrumpidamente organizados tódolos 28 de diciembre, polo xornalista e actual presidente da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo, Guillermo Campos. Un grupo fundacional limitado a 28 gastrónomos en cada unha das reunions -inicialmente membros do entón nacente Slow Food internacional- profundizaron nas sucesivas reunións anuais, no coñecemento culianrio legado por Cunqueiro en materia cinexética, a partir do "Teatro Venatorio y Coquinario".

A convocatoria orixinal abrese neste ano do centenario do escritor mindoniense, a participación das outras tres entidades comprometidas coa cultura e divulgación gastronómica: ademáis da AGAXET, cuio citado presidente dirixe o Simposio, á Academia Galega de Gastronomía e a Irmandade dos Viños Galegos. Representantes destas entidades aportarán experiencias directas sobre os gustos expresos de Cunqueiro, a través da súa obra literaria, pero tamén en intervencións radiofónicas, artigos de prensa, xantares e testemuñas directas.

Así, xunto a Pepe Posada (viños preferidos polo mindoniense) e Guillermo Campos (pratos polos que debecía don Alvaro), a xornalista Carme Parada (que traballou con Cunqueiro cando director do Faro de Vigo) ou, entre outros, Carmiña Roel (que o sirveu, sendo propietara de "El Mosquito") evocarán tamén os gustos cunqueiráns.

Os cociñeiros Chefs Rivera (habitual oficiante dos Xantares Cunqueiráns) e José Gómez (chef do Hostal), elaborarán un menú de dezaoito bocados representativos do "gusto cunqueirán" reflexados na ponencia exposta no simposio. Segundo Campos, tivose en conta para a selección, sobre as preferencias expresas, a estacionalidade dos productos e a diversidade de técnicas. Así, o medio centenar de congresistas coñecerán as preferencias de Cunqueiro no escabeite de ostras, nas filloas de sangue, na mahonesa con lumbrigante, o polbo a feira con allo, os pastelón de lebre, o bacallao a moda de Lafôes, al terneira á primvera, o asado de xabarín, a pularda ó St. Emilión, a bullabesa, o linguado como no "Mosquito", o lombo de corzo mechado, a arcea en salsa filiberta...

Tamén nos remates: desde o queixo Brie ata o xelado de mora, pasando polo marrón glacé ou a torta de castaña. E por suposto os viños: champagne Munn brut, Treixadura de Costeira ou Alma de Reboreda (Ribeiro), Pazo de Señorans Selección ou o caiño único de Treras Gauda, La Mar (Rias Baixas), os Ribeira Sacra Abadía da Cova Selección ou Finca Míllara, as aguardentes e derivados como o licor café, e o Porto vintage... O evento rematará cun coloquio entre tódolos participantes, xa cos dous chef incorporados o simposio, para compartir e contexar as experiencias teóricas e prácticas.