A Consellería de Cultura e Turismo publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato de obras de restauración e posta en valor de diferentes bens patrimoniais na provincia de Lugo por un importe total de 519.889 euros.
De xeito detallado, a Xunta de Galicia adxudica a consolidación e acondicionamento da fortaleza de Tovar, no lugar de Canedo no Concello de Lourenzá por un importe de 211.601 euros. Á restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso por Barbadelo no Concello de Sarria, destinaranse 180.594 euros. Do mesmo xeito, as actuacións de consolidación estrutural e restauración dos cubos XXXVIII e LXVII da muralla romana de Lugo contarán cun importe total de 127.694 euros.