A Consellería do Medio Rural ven de comunicar aos interesados as sancións impostas pola comisión dunha infracción grave contra a normativa vixente por exceso de produción de uva na campaña de 2010, denuncias que foron trasladadas no seu día á Xunta polo órgano de control do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.
De acordo coa Lei 24/2003, tales prácticas están tipificadas como infraccións graves, ao ter incumprido o regulamento da devandita D.O. acadando rendementos superiores aos límites establecidos para dita campaña. A multa nestes casos está comprendida entre os 2.001 e os 30.000 euros.
En total, Medio Rural tivo que tramitar 148 expedientes a outros tantos viticultores polo excedente da campaña de 2010, se ben só cinco das sancións impostas superan os mil euros.