O vindeiro mércores celebrarase en Santiago de Compostela a presentación de “Turismo de Galicia: avaliación e retos de futuro”, segundo afirma o portal n10news. O acto, que comezará ás 10.30 horas na Biblioteca da Cidade da Cultura, contará coa presenza de Alberto Núñez Feijóo e de Roberto Varela.
Entre outros temas, o conselleiro presentará o estado de execución do Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013. Tamén intervirán, entre outros, a secretaria xeral para o Turismo, a directora-xerente de Turgalicia e a directora-xerente do Xacobeo.