A directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, inaugurou un novo albergue de peregrinos no concello pontevedrés de Pontecesures, un inmoble situado no Camiño Portugués que ofrecerá 53 novas prazas, unha delas destinada a persoas con mobilidade reducida. Coa inauguración deste novo equipamento, a rede pública de albergues conta xa con 65 instalacións.
O inmoble foi construído mediante a rehabilitación de catro antigas vivendas de mestres. No primeiro andar atópanse os servizos de cociña, comedor, baños e lavandería, así como o dormitorio destinado a persoas con mobilidade reducida. No andar superior atópanse as 52 prazas restantes, distribuídas en dous dormitorios, e os aseos.