Actividade marisqueira en Ferrol

A Xunta lembra que os mariscadores de a pé da Ría de Ferrol poderán recuperar os ingresos da súa actividade habitual coa reinstalación de moluscos procedentes das zonas C. Desta situación os mariscadores da zona foron informados en varias ocasións pola Consellería do Medio Rural e do Mar, entre elas nunha xuntanza que tivo lugar en novembro. Nesta mesma xuntanza acordouse, para os mariscadores de a flote, en xaneiro e febreiro un sistema combinado entre a reinstalación e os labores de limpeza, de xeito que dos 82 euros que estaban percibindo haberá que deducir os ingresos obtidos pola reinstalación.