A asociación ecoloxista Adega vén de facer balanzo do ano que acaba de rematar. Di que a natureza galega está “abandonada á súa sorte” e que 2012 comeza “coa dúbida de se o enésimo machetazo ao ambiente virá dende a Xunta ou do Estado”.
Os ecoloxistas falan de seis puntos negativos: o Plano de Residuos do PP que “trouxo debaixo do brazo o agardado: máis incineración”; o feito de que no Ano das Florestas houbo “máis lume e máis especulación; e en 2012, máis eucaliptos”. Ademais, no tocante á enerxía, os ecoloxistas falan de “privilexios para uns poucos, impactos para todos”, en relación ao plan eólico. En canto ao litoral, Adega critica o Plano Director de Acuicultura e a proliferación de piscifactorías, e no que respecta á Rede Natura, falan de “unha ampliación misérrima que fai que sigamos á cola do Estado”. Por último, Adega indica que en 2011 “caiu definitivamente a careta do boom urbanístico, confirmándose tamén a perversa interconexión entre o ladrillo e o poder”.