Aprobada a nova estructura orgánica da Secretaría Xeral para o Turismo

O Conello da Xunta aprobou o Decreto polo que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral para o Turismo, que contará con dúas subdireccións xerais, a de Ordenación, Inspección e Planificación Turística, e a de Xestión, Fomento e Cooperación; asó como con catro unidades con nivel de xefatura de servizo en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.


Á Secretaría Xeral para o Turismo correspóndelle a planificación da política de ordenación, inspeción, fomento e competitividade do turismo; a inovación e calidadade dos produtos turísticos e a súa promoción a nivel nacional e internacional. Tamén será competencia deste departamento a explotación e potenciación dos recursos turísticos de Galicia, xa sexa directamente ou a través de Turgalicia.