O arquipélago portugués de Azores, representado polas Cámaras de Comercio e Industria das illas a través da de Horta, será o convidado especial de Xantar 2012, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que celebrará a súa 13ª edición en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro. As Azores participarán en todas as accións previstas para esta edición de Xantar promocionando a súa gastronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios.
As illas terán a súa propia área de restauración na feira na que se poderán degustar dous menús diferentes que porán en valor os seus produtos, como é o caso do queixo de San Jorge, o flan de té de Porto Formoso (a única plantación de té de Europa) ou os viños da Ilha do Pico. Dentro do programa de actividades previsto para esta edición, as Illas Azores ofrecerán, ademais, catas comentadas de produtos como viños ou queixos.