Catorce praias da Mariña lucirán este verán, por segundo ano consecutivo, o selo de calidade ambiental ISO 14001 grazas ó apoio da Deputación no financiamento da auditoría esixida para renovar o devandito certificado. Os areais que contarán de novo co distintivo son os ribadenses de As Catedrais e Os Castros; os focenses de Areoura, Llas, Peixás, As Polas, A Rapadoira (foto), Os Xuncos, Alemáns, Pampillosa e Arealonga; e os vivarienses de Covas, Area e Sacido.
A certificación ISO 14001, concedida segundo a normativa europea EMAS, leva consigo tres tipos de beneficios directos para os concellos. Por un lado, ambiental, un dos máis visibles, pois o selo implica a incorporación de melloras continuas nos areais. Por outra banda, un beneficio de imaxe, dada a promoción que leva consigo, xa que as praias con este distintivo figuran nun rexistro oficial da Administración Autonómica ó que teñen acceso a cidadanía en xeral e os operadores turísticos. Así mesmo, abre portas á participación en feiras e salóns turísticos, e permítelles ós municipios distinguidos diferenciarse da competencia neste tipo de certames, mellorando o seu posicionamento ante a sociedade. Por último, leva consigo un beneficio económico, pois coa optimización da recollida de residuos, as entidades locais acaban reducindo custes e tamén o risco de recibir sancións por irregularidades medioambientais.