Galicia Calidade pon en marcha, en colaboración coa Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban), unha campaña solidaria en redes sociais baixo o lema "Comparte Galicia Calidade". Coa finalidade de poñer a calidade ao alcance de todos, e ante a situación de dificultade coa que se atopan hoxe en día os nosos bancos de alimentos, Galicia Calidade doarálles un litro de leite por cada novo seguidor da súa páxina oficial en Facebook.
Feiraco e President, marcas que contan coa certificación de garantía de Galicia Calidade, serán as empresas proveedoras do leite doado. A Federación Galega de Bancos de Alimentos, presidida actualmente polo Banco de Alimentos de Vigo, será a encargada de distribuir a doazón en partes iguais entre os cinco bancos de alimentos asociados: Rias Altas-Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.