A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da firma galega Summum Delicatessen

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da firma galega Summum Delicatessen e os produtos que comercializa, en especial as novidosas conservas de peixe espada elaboradas por Orpagu Gourmet. Outros produtos da firma son a Trufa negra Atlántica, Paté de percebe, Lamprea do Miño á Bordalesa, Manxar de Fígado de Peixe Sapo con Parrulo, etc.

A firma, radicada en Baiona, proponse traspasar o mercado nacional e para iso desenvolveu un plan estratéxico 2012-2013 de comercialización noutros países. “Summum Delicatessen xunta o máis emblemático e instaurado produto galego con produtos que acheguen novidade ao mercado delicatessen, e que conten como premisa fundamental coa súa excelente calidade e coidado proceso de elaboración”, sosteñen os responsables da firma.