A Consellería do Mar publica no DOG a Orde pola que se establece o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2012. Sobre a centola, o plan establece que nas provincias da Coruña e Pontevedra se poderá extraer dende hoxe ata o 1 de xuño e do 4 de novembro ao 31 de decembro e na provincia de Lugo poderase extraer dende hoxe ao 1 de xuño e do 2 ao 31 de decembro.
No relativo ao polbo, a orde contempla que dende o 1 de maio ao 1 de xullo, queda prohibida a súa captura, polo que as embarcacións dedicadas á explotación deste cefalópodo deberán retirar as nasas do seu calamento e levalas a porto.
A Consellería insiste en que o Plan garante “unha boa xestión do recurso, tendo en conta os datos e informes científicos dispoñibles”.