A Escola de Hostelería de Vilamarín acolle o Campionato Galego de Xefes de Sala

A VI edición, bienal, do Campionato de Galicia de Xefes de Sala-Maitres celebrarase o vindeiro 12 de xaneiro na Escola de Hostelería de Vilamarín. A Deputación de Ourense patrocina este campionato que conta tamén co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet).

Entre as probas que avaliará o xurado, que estará conformado por especialistas na materia, encóntranse: montaxe e decoración dunha mesa, oferta de menú e suposto de reclamación por parte do cliente, arte cisoria dun peixe plano (rodaballo de Pescanova) e, entre outras vistosas demostracións de destreza no oficio, corte de xamón, identificación de queixos (das catro DDOO galegas), tiraxe de cervexa (Estrella Galicia), elaboración de cóctel (con orujos da DO), etc. Entre os spónsores principais, a organización conta coa firma de equipamento Tattoo Contract. O xurado de selección dará a coñecer en breve o número final de aspirantes que poderán pasar á final, estando garantizada polas solicitudes previas a opción a estaren representadas todas as provincias galegas.


O Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres creouse hai doce anos e del teñen saído un dobre campión nacional e un subcampión. De feito, o estradense Nacho Costoya é o vixente campión de España.