Galicia recibiu durante o pasado ano un total de 9.449.994 viaxeiros, o que representa un 6,4% máis respecto ao Ano Santo 2010 e un 13,6% máis a respecto de 2009. Sen embargo, os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística revelan que a nosa comunidade rexistrou un descenso no número de pernoctacións en establecementos regrados. En concreto, a caída foi do 11,9% con respecto a 2010 e do 1,6% con respecto a 2009.
Onde si se nota o incremento é no tocante aos excursionistas estranxeiros que viñeros a Galicia, que aumentaron nun 23,3% con respecto a 2010, superando os 5 millóns e medio. A maioría deles son excursionistas procedentes de Portugal e realizan a viaxe en vehículo propio polo que moitos deles non chegan a pernoctar na nosa Comunidade.
A Xunta sostén, ao ver destes datos, que “dende os nosos principais destinos emisores non se renuncia a vir a Galicia a pesar de que o formato da viaxe muda debido á conxuntura económica dos mesmos”.