É esta unha época de compras e de regalos na que se pode apostar polo produto galego. Un exemplo, o último libro do gastrónomo Miguel Vila que, ademais, opta aos Premios Gourmand como “Mellor guía de viaxe gastronómica” do mundo.
Tras a publicación do volume adicado a Ourense, elaborado polo chef Martín Álvarez, sae ao mercado a “Guía secreta da gastronomía de Galicia: Lugo” (Alvarellos), na que Vila amosa os tesouros culinarios da provincia máis grande da nosa Comunidade: produtos, receitas, costumes máis xenuínos e lugares nos que atopar toda unha identidade gastronómica, ás veces descoñecida polos seus poboadores.
A guía detense en produtos como o pan de Ousá, os queixos con DO que se elaboran na provincia, a pataca cazona, os chanfainos ou chouláns ou as tortas de Guitiriz, ademais dos viños e augardentes.
Completan o traballo de Miguel Vila o cociñeiro Iago Castrillón, os xornalistas Manuel Gago e Santiago Jaureguízar, os escritores Xabier DoCampo e Helena Villar Janeiro e a sumiller Mercedes González.