Nun contexto onde a taxa de desemprego xuvenil supera o 30%, Hostelería Compostela vai desenvolver tres accións formativas gratuítas enmarcadas nun programa específico de ámbito estatal, de cualificación profesional e mellora da empregabilidade dos menores de 30 anos. O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, polo que xa pasaron case 8.000 alumnos, é o único centro deste tipo homologado en Galicia para impartir estas accións formativas pioneiras en España, que inclúen tamén un tempo de estadía en prácticas en empresas, nun sector a actividade económico onde, a pesares da crise, aínda se seguen a demandar profesionais cualificados e con formación eminentemente práctica.
As novas instalacións do Centro de Formación e Cultura Gastronómica, as únicas de Galicia homologadas para impartir este tipo de accións formativas, permiten que haxa unha formación práctica, onde os alumnos teñen cadanseu posto de traballo para manipular o produto, cociñar e desenvolver todos os módulos que os capacitan para traballar en calquera establecemento do sector de hostalería. Con estas accións formativas, que se enmarcan dentro dun programa formativo de ámbito estatal para a inserción laboral de xóvenes menores de 30 anos, no que colaboran o Ministerio de Traballo, a Federación Española de Hostelería e a Fundación Tripartita, pretendemos ofrecer unha oportunidade para o acceso ao mercado laboral nun sector que demanda formación práctica.