O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, sinala que no mercado exterior está “a clave para o crecemento da Economía Galega”, de xeito que a Consellería que dirixe leva a cabo unha estratexia de internacionalización para impulsar a saída ao exterior das empresas. O titular de Economía e Industria, que fixo estas declaracións no Foro sobre Internacionalización da Economía Galega organizado polo Grupo Correo Gallego, salientou os bos resultados da estratexia da Xunta destinada a apoiar á internacionalización das empresas galegas, nun momento no que Galicia ten alcanzado un crecemento interanual das súas exportación do 43,5%, no mes de novembro, o que sitúa á Comunidade 30 puntos pon encima da media española.
Neste sentido, tamén destacou que, en 2011, Galicia tamén se situou por encima da media Española cun aumento anual acumulado do 19,4%, con respecto a 2010. Isto supón que as exportacións de Galicia xa representan o 8,2% do total das españolas, mesmo por encima do peso poboacional.

Segundo Guerra, Galicia está avanzando nun “cambio de cultura empresarial” que a Xunta apoia, dende o comezo da lexislatura, coa creación do primeiro eixo de apoio específico adicado á internacionalización. Ao abeiro desta estratexia a Consellería de Economía e Industria case multiplicou por catro o importe destinado á internacionalización fai catro anos.