Las Garzas e La Solera, Premios de Gastronomía de Galicia

O xurado dos Premios de Gastronomía de Galicia, presidido polo subdirector do CSHG, Luis Rial, e o concelleiro de Turismo de Lalín, José A. Rodríguez, decidiu outorgar os máximos galardóns a La Solera, de Barcelona, e Las Garzas, de Malpica (a quen HG&T-Agaxet concedera un Pergameo en 2010). De Las Garzas valórase a potenciación que fai da cociña galega no ámbito autonómico, mentres que de La Solera, a súa aposta pola nosa gastronomía fóra das nosas fronteiras.

No apartado de recoñecementos ao labor de toda unha vida dedicada á gastronomía galega, os galardoados foron Lourdes Rivera Díez, do Mesón Restaurante do Loyo (Paradela); María Díaz Couce do Restaurante Marcial de Xubia-Narón (A Coruña); María Fernández do Restaurante Casa José de Valga (Pontevedra) e Ermitas Bolaños Yáñez, do Bar Taxi, de Ourense. O xurado tamén recoñeceu o labor da empresa luguesa Ingapán S.L. pola súa difusión dos valores da gastronomía galega.

A entrega dos galardóns terá lugar no transcurso da Gran Gala da Gastronomía de Galicia que se celebrará o 10 de febreiro no Lalín Arena.