O vindeiro luns arranca unha nova campaña de promoción de Galega 100%, o selo auspiciado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que avala a identificación do leite galego de calidade diferenciada. Nesta iniciativa colaboran as marcas Feiraco, Deleite, Larsa e Leyma, así coma o grupo galego de distribución Gadis.
Logo de un ano de presenza no mercado, Galega 100% é a referencia indiscutible do leite de calidade producido e envasado en Galicia. Galega 100% nútrese do leite producido nas ganderías incorporadas ao Rexistro galego de explotacións de calidade diferenciada, creado polo Decreto 57/2010, do 8 de abril, e modificado recentemente polo Decreto 228/2001, do 24 de novembro, para endurecer as condicións de integración. Deste xeito, Galega 100% ofrece hoxe un produto da máxima calidade, suxeito aos controis dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia, e garantido pola certificación de calidade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL).